sábado, 19 de enero de 2013

"Un escritor fai libros; un gran escritor fai lectores. Grazas, Fina." 

     
Esta frase dun compañeiro condensa a nosa experiencia de traballadores do libro na biblioteca. Sabemos o moito que entusiasman os de Fina aos nosos alumnos e por eso (e por moitas cousas mais) temos moito que lle agradecer. Sentímonos felices polos seus éxitos coma si fosen nosos e -sendo ela, como é, unha infatigable traballadora- esperamos moito do seu labor  na RAG.

                                                    Noraboa, Fina!


miércoles, 3 de octubre de 2012

¡ Benvidos ao novo curso 2012-13 na biblioteca!

 Como xa estades comprobando, temos novidades na distribución do espazo adxudicado á zona de ordenadores e a do posto do bibliotecario. Esperamos que axuden a que todos esteamos máis cómodos. Tamén é novidade que podedes solicitar cascos para audición individual nos ordenadores .Nestes días estamos repartindo os carnets novos ao alumnado que chega por primeira vez ao noso centro, a maioría de primeiro de bacharelato e de primeiro de Eso. De paso, explicámoslles as utilidades da páxina web da biblio e unhas primeiras nocións de como atopar un libro na biblioteca.E ademáis, temos nova sinalización das subseccións -deseñada polo profesor Italo Cendán Fernández- o que contribuirá a facilitar a busca autónoma de libros por parte dos usuarios.

E agora é urxente comunicar a todos que mañá o noso compañeiro, o profesor Eloy Varela Caseiro, e a nosa ex-compañeira Fina Casalderrey teñen unha importante presentación do seu traballo conxunto(¡tan premiado!): "Dúas letras". Alí estaremos